domingo, 7 de junio de 2015

CONVIVENCIA CON ARDÁN

Aquí estamos compartindo o día cos compañeiros de Ardán. Clasificamos plantas, visitamos un muíño e explicáronnos as súas partes e o funcionamento. Vimos como a fariña pode saír máis gorda ou máis fina. Despois, de volta ao cole, merendamos. Por último aprendimos a xogar a un xogo tradicional: a billarda. Uns monitores explicáronnos as normas e o mecanismo e logo xogamos unha liguilla. Por último, acompañamos aos de Ardán un cacho do seu camiño de volta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario