lunes, 28 de diciembre de 2015

PETROGLIFOS DE MOGOR

O pasado 17 de decembro visitamos, dentro do traballo colectivo do cole deste curso "O NOSO CONTORNO", os petroglifos de Mogor. Fomos os pequenos de 5 anos de Infantil e os de 4º e 5º.
Divididos en dous grupos recibimos as amenas explicacións dos monitores, dentro e fóra da aula. Foi unha saída moi interesante para coñecer algo máis do que temos ao noso redor e que moitas veces descoñecemos.

PETROGLIFOS D MOGOR 1 - Kizoa Movie Maker">
PETROGLIFOS DE MOGOR 2 - Kizoa Movie Maker">

miércoles, 2 de diciembre de 2015

LENGUA CASTELLANA: DE TODO

Aquí tenemos una página donde hay de todo para estudiar, jugar y divertirse. Pincha y ...verás !
Pero como veréis, también hay información, actividades y juegos de muchas otras materias. Änimo!

martes, 1 de diciembre de 2015

EL NOMBRE

Este juego nos servirá para trabajar el nombre y clasificarlo según su significado.
Pero como veréis esta página tiene muchísimos recursos.  Hala! a explorar y que lo paséis bien,

miércoles, 25 de noviembre de 2015

25 N CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Conmemoramos este día con diversos actos: contacontos, elaboración de mensaxes contra a violencia machista, carteis, lecturas de textos sobre a igualdade e o respecto e un acto en común no ximnasio do cole onde pedimos RESPECTO para todos. Para que sexamos capaces de convivir en liberdade. Non cales. Non pases nin unha: denuncia 016.

http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d27420147k5624475o1l1/sin-ttulohttp://www.kizoa.es/Movie-Maker/d27420147k5624475o1l1/sin-ttulo

lunes, 16 de noviembre de 2015

domingo, 8 de noviembre de 2015

DÍA DAS BIBLIO...RECITANDO

 Semana do 26 ao 29 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas con diversos actos: dramatizacións, actividades pláticas, lecturas de medo, cancións e recitados. Ahí van os recitados...
Aroa recitando "Abrir un libro", poema de Ana Drennen:

Diego PIdre recita  " A Princesa de negro", un poema de Concha Blanco:


Aarón recítanos "Poema sobre la lectura". Tivo que ler porque sustituiu a Sergio, que estaba enfermo.


Paula recítanoseste poema sobre a Biblioteca escolar: O seu autor é Santiago Freire e está no seu libro Martingadas.Poemas para nenos.



Cristian, Diego Rosales. Aarón, Martín, Iván e Nuria recitan este poema titulado"La biblioteca"

Aquí todos rematamos cantando...



viernes, 30 de octubre de 2015

lunes, 12 de octubre de 2015

A MATERIA

Observa, escoita, aprende e xoga, con estes dous programas da Junta de Andalucía e da Junta de Extremadura, e que, polo tanto, están en castelán. Con eles aprenderemos visual e experimentalmente moito sobre a materia.

Agora comproba o que aprendiches e aumente o que sabes.
 https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazo/repositorio/cont/proxecto-silandeira-materia-e-enerxia




domingo, 27 de septiembre de 2015

ECLIPSE




Esta noite haberá un eclipse de Lúa, pero que é un eclipse ?  Imos ver e aprender.

https://www.youtube.com/watch?v=mDhRjsNoB7Y

  Vídeo de que es un eclipse lunar para niños


O perixeo é o  momento no que o satélite ( a Lúa )  encóntrase máis preto do planeta ( A Terra).  Esa é a razón pola que a Lúa vese esta noite máis grande do habitual.  O eclipse terá lugar as 3.45 horas, cando se achegue a tan so 356.400 kilómetros de distancia.

Como se produce un eclipse lunar?






miércoles, 16 de septiembre de 2015

BENVIDOS

BENVIDOS A 5º
Seguides medrando e continuades progresando. Xa estades en 5º  e, como maiores que empezades a ser, esperamos de vós ilusión, traballo e respecto para todos.
Con esforzo e con traballo estaredes a gusto con vós mesmos.
Ese é un bo camiño. O mellor !       Ánimo...   Bo curso e a traballar ! 



miércoles, 17 de junio de 2015

COME O MAR

Hoxe culminamos o noso PDI. Xa temos a exposición e agora, gracias a Acción Costeira e a súa campaña "Come o mar" vamos á praza de abastos de Seixo e un Cociñeiro e o seu equipo vannos guiar na preparación dun menú mariño e sano: ensalada, lirio fritido e batido de froita. Vexamos:

domingo, 14 de junio de 2015

VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA

O venres 12 de xuño tivemos un interesante e completo día por Santiago: Parlamento Galego (aprendendo a parlamentar), xardíns de Bonaval, Museo do pobo Galego, paseo polas rúas ata a catedral, visita á catedral e logo vistas dende as cubertas da catedral.

LEDICIA COSTAS

O xoves 11 visitounos Ledia Costas, a autora do libro que vimos de ler, Escarlatina, a cociñeira defunta, e que tanto nos gustou. Recibímola na Biblioteca e agasallámola con algúns dos doces que ela nos presentou no libro e que tanto lle gustan. Esperabamola o venres 5, pero non poido vir por mor dunha afonía, e ese era o día que nós tiñamos preparados unha chea de pratos de sobremesa. Pratos  que tamén degustamos ao longo das lecturas.
Escarlatina, a cociñeira defunta é un libro onde se combinan maravillosamente ben dous temas que en principio parecen incompatibles: a infancia e a morte.  Ledicia, con toques de humor e de boa escritura, vainos introducindo no Alén, viaxando a toda pastilla no mortobús (bonito neoloxismo) e métenos de cheo nun mundo misterioso que ela fai parecerse moito ao Aquén. Xunto con Román, Escarlatina, Lady Horreur e o avó de Román viviremos aventuras e venceremos a Amanito e aos seus esbirros.
A verdade é que se trata dun libro delicioso e coas receitas de Román moito máis.
Quedamos a espera da precuela (o que pasou antes) que está a piques de saír, como nos dixo a autora.
Ledicia contounos detalles do libro e respondeu a todas as nosas curiosidades e comentarios.  Logo, asinounos os libros e tamén no libro de visitas da Biblioteca.
A biblioteca estaba decorada para a ocasión con traballos sobre o libro, sobre a autora e con fotos de momentos moi doces degustando as receitas.
En fin, moi boa lectura, un bonito momento e unha ledicia compartir este tempo con Ledicia, á que agradecemos a súa visita e comprensión. Grazas.

lunes, 8 de junio de 2015

HISTORIA DE ESPAÑA

Se queres saber da Historia de España... aquí tes información e poderásvalorar o que aprendiches.
mec
http://213.0.8.18/portal/Educantabria/ContenidosEducativosDigitales/Primaria/Cono_3_ciclo/CONTENIDOS/HOT%20POTATOES/WEB/MODERNA.htm




domingo, 7 de junio de 2015

CONVIVENCIA CON ARDÁN

Aquí estamos compartindo o día cos compañeiros de Ardán. Clasificamos plantas, visitamos un muíño e explicáronnos as súas partes e o funcionamento. Vimos como a fariña pode saír máis gorda ou máis fina. Despois, de volta ao cole, merendamos. Por último aprendimos a xogar a un xogo tradicional: a billarda. Uns monitores explicáronnos as normas e o mecanismo e logo xogamos unha liguilla. Por último, acompañamos aos de Ardán un cacho do seu camiño de volta.

sábado, 6 de junio de 2015

PALABRAS TABÚ Y EUFEMISMOS

Las palabras tabú son las que evitamos pronunciar porque suenan mal, molestan alos demás o producen vergüenza en las personas que las usan. Ejs: criada, vater.
Los eufemismos son las palabras o expresiones que sustituyen a las palabra tabú. Ejs: empleada, aseo.
m
Coloca al lado de cada palabra tabú el eufemismo que le coresponda.

http://bromera.com/tl_files/activitatsdigitals/Tilde_6_PA/Tilde6_p122_a5_7_1/index.html
http://www.primaria.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/6EP_Len_cas_ud15_PalabrasTabuEufemismos/frame_prim.swf



ANÁLISE SINTÁCTICO. ESTROFAS

Traballemos o análise sintáctico. Mirade que esquema tan especial e bo preparou esta profe, Luisa María Arias:

Ahora vamos a ver POESÍA: tipos de estrofas.
Junta de Andalucía
Maria Luisa Arias
¿Recordas os tipos de rimas? Pois xoga e descubre que  versos teñen rima asonante e cales consosnate: