lunes, 14 de marzo de 2016

miércoles, 2 de marzo de 2016

SAÚDE E PRIMEIROS AUXILIOS

Hoxe, despois do recreo, tivemos a mellor clase de naturais soñada. O doutor D. Antonio Casal, pai dos nosos compañeiros Toño e Pablo, veunos falar e ensinar moitísimas cousas  sobre a saúde e os primeiros auxilios. Foi unha clase informal, moi participativa, teorico-práctica e moi estresante porque todos querían contestar, participar, facer eles...     Antonio, con moita paciencia e moi didácticamente foinos levando por toda unha serie de consellos, que servíronnos de repaso, e por unha clase práctica de primeiros auxilios. Así aprendemos a colocar unha mascarilla, a poñer unha férula e suxeitar a parte do corpo danada, a realizar masaxes cardíacas, o que temos que facer en caso de queimaduras, etc. etc. Sempre tendo en conta que, logo dos primeiros auxilios, hai que chamar ao 061 ou ao 112, e explicar ben que ocorre e onde estamos.
Aprendemos tamén moito vocabulario, a facer preguntas e a expoñer o que nós sabíamos.
En fin, unha clase moi amena, divertida e diferente.
Grazas Antonio pola túa paciencia, pola túa pedagoxía e polo teu tempo;  e ademais, xusto despois de traballar.



SAÚDE E PRIMEIROS AUXILIOS - Kizoa Movie Maker
">