domingo, 7 de febrero de 2016

ENTROIDO 2016

Coma todos os anos celebramos o entroido. Este ano o tema era "O enterro da Sardiña". Así disfrazámonos de personaxes que acompañan á sardiña no seu último paseo. O noso, foi polo pobo de Seixo e volta ao colexio, onde lle cantamos e limos a "letanía". Todo moi vistoso e lucido.Demasiadas forzas armadas e poucas viúvas e viúvos, mariñeiros... Para endulzar a boca tampouco faltaron os tradicionais doces de entroido: filloas, orellas, chulas ... e moitísimas cousas máis, que en abundancia, as familias compartiron con nós. Grazas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario