sábado, 14 de febrero de 2015

BUEU: MUSEO MASÓ E PRAZA DE ABASTOS

O 5 de decembro visitamos o museo Masó de Bueu e a Praza de Abastos, dentro das visitas programadas para o noso traballo "Do mar á mesa". 

No museo tivemos unha visita guiada onde aprendimos un pouco de historia e algúns instrumentos mariños importantes. Na parte de abaixo do muso descubrimos a conserva de pescado xa desde a época dos romanos, a salazón... a pesca de baleas e a importancia das conservas Maso en Bueu. Por último, déronnos unha charla ecolóxica e fixemos un interesante e cooperativo taller de reciclaxe con lixo recollido do mar. O resultado está decorando a nosa Biblioteca. 

Na praza de abastos fixemos un percorrido polos distintos postos da praza, onde as pescantinas, moi amables, fóron explicando as distintas clases de pescados e mariscos que vendían. O peixe fresco é unha das formas de chegar as nosas casas. Ante a curiosidade do alumnado responderon moi didácticas aclarando dúbidas e curiosidades. Para rematar agasalláronnos con froitas e golosinas. Grazas. 

Ambas visitas foron moi educativas, ilustrativas e interesantes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario